Castelao artista plástico

Artista autodidacta, desexou converterse en pintor. Excelso debuxante e caricaturista amais de ilustrador e deseñador gráfico, cultivou o realismo, o modernismo, o simbolismo e o expresionismo. A súa escasa obra plástica acadaría escaso valor de non se considerar a súa vontade de crear unha iconografía galega e de comunicar eses sinais de identidade dunha Galiza dona do seu destino.

Logotipo deseñado para o xornal Galicia, 1922. Con este tipo de letra recreada por el, rotulou libros, carteis e cabeceiras de publicacións galeguistas. Baseada nas inscricións románicas, esta letra é o seu maior legado no deseño gráfico.

a volta da festa 1908

A volta da festa, 1908. Acuarela e tinta sobre papel.
Galería Montenegro, Vigo

Cego con lazarillo

Cego con lazarillo, 1915. Óleo sobre lenzo.
Cadro do Tríptico dos cegos, realizado para o Balneario de Mondariz. O tema dos cegos interesoulle a Castelao desde 1909. En Rianxo, en 1914, el sufrirá unha coriorretinite que lle deteriorá a vista e que cambiará o seu destino: renuncia a seguir exercendo a medicina e a pintura para se converter en funcionario do corpo de estatística con praza en Pontevedra, en 1916.
Museo de Pontevedra, Real Academia Galega

Nos album

Nós
1920-1931
Álbum con 49 estampas.
As imaxes reflectían a crúa realidade social da Galiza da época e os debuxos foron expostos entre 1920 e 1924 en nove cidades galegas e en Madrid. As mostras foron un marco para a realizacións de conferencias onde se expuxeron as ideas galeguistas. Non foi editado en libro até 1931, impreso na prestixiosa imprenta española de Hauser y Menet.

estampa un album Nos

Estampa do álbum Nós

Os escravos do fisco

estampa dous album Nos

Estampa do álbum Nós

— A túa filla xa será unha moza, eh?

estampa tres album Nos

Estampa do álbum Nós

En Galiza non se pide nada. Emígrase.

Frente a tambo

Frente a tambo
1916-1936.
Acuarela sobre papel.
Colección particular.

Os froitos galegos da civilización cristiá

Escena de guerra. Os froitos galegos da civilización cristiá. 1939.
Debuxo a tinta sobre papel. Museo Carlos Maside, Sada.

As Cores.

As Cores. 1931. Acuarela sobre papel. Museo de Arte Contemporáneo Carlos Maside.

Galicia mártir

Os álbums da Guerra
Desde novembro de 1936, Castelao reside en Valencia, onde está instalado o Goberno da República. Alí concibe
e publica os dous primeiros álbums, con dez estampas cada un, inspiradas en dez relatos dos soldados galegos, fuxidos da Galiza ocupada polo fascismo.

Arriba os probes do mundo

Arriba os probes do mundo
1937
Estampa de Galicia mártir.
Impreso polo Ministerio de Propaganda da República.

Todo pol-a Patria

Todo pol-a Patria, a relixión e a familia!
1937
Estampa de Atila en Galicia.
Impreso polo sindicato anarquista CNT.

Arenga

Arenga
1938
Estampa de Milicianos.
Editado pola Fronte Popular Antifascista Galega de Nova York.