«Naceu dono das chaves da expresión».*

Humorista, pintor, escritor, político, Castelao é antes que nada un gran comunicador, un creador entregado á causa da liberdade do seu país. Co impacto da súa obra forxou a conciencia colectiva da Galiza de hoxe e converteuse nun mito. A Fundación Castelao hónrase en difundir o seu legado.
* Ramón Otero Pedrayo, «Castelao», O libro dos amigos.

«Nós temos confianza no noso pobo, e moi logo, o noso pobo terá confianza en nós»
CASTELAO DIXIT