Curso da USC

28Xul2014
31Xul2014

Curso da USC

- Rianxo

Rianxo

70€ - 40€

A consecuencia das conversas mantidas coa Universidade de Santiago (USC) foi aprobado o noso proxecto de Curso de Verán a organizar en Rianxo nos días 28 a 31 de Xullo e cuxa temática versará sobre catro puntos sobranceiros:

  • a) A visión económica de Castelao
  • b) O mundo da muller en Castelao
  • c) Castelao e os debuxos
  • d) Castelao e o home galego hoxe.

O catedrático de Antropoloxía Dr Marcial Gondar Portasany será o secretario do curso.
A maiores este curso será completado con mesas redondas, debates e un roteiro por lugares significativos na vida de Castelao.
O prezo da matrícula será de 70 euros ou 40 se se é estudante. A Fundación ofrecerá 5 becas. O Concello de Rianxo colabora activamente e pon ó noso dispor o Pazo de Martelo e os seus servizos.

Ir á páxina de axenda