Diálogos ao redor de Castelao

A Cidade da Cultura de Galicia súmase aos actos polo Día de Castelao —que se celebra o 30 de xaneiro, data do seu nacemento— co ciclo «Diálogos ao redor de Castelao», un espazo de conversa, análise e reflexión sobre a época, a figura e a obra do artista e intelectual galeguista, que se desenvolverá todos os mércores ás 18.30 horas, desde o día 30 de xaneiro ata o día 27 de febreiro, no Museo Centro Gaiás.

Contarán coa participación de destacados especialistas en historia, arte, ilustración, política e movementos migratorios:
30 de xaneiro | O historiador e crítico de arte, Carlos L Bernárdez
6 de febreiro | O comisario de Castelao Maxistral, Miguel Anxo Seixas
13 de febreiro | O humorista gráfico, Siro López Lorenzo
20 de febreiro | O ex Valedor do Pobo, José Julio Fernández
27 de febreiro | A profesora titular de Historia de América da USC, Pilar Cagiao

Máis información na web da Cidade da Cultura

dialogos