Cronoloxía
-
+ Expand All
1886
- Nacemento
-
1886
xaneiro, 30. Nace ás dez da mañá en Cabo da Vila, Rianxo, e é bautizado ese mesmo día co nome de Daniel Rodríguez Castelao. O crego anteporalle o nome de Alfonso. O pai, Mariano Rodríguez Dios, de oficio veleiro e que casara en 1885 con Joaquina Castelao Genme, emigra á Arxentina e establece unha “pulpería”, un almacén de campaña, na Pampa.
1889
- Corpo enfermizo
-
1889
Castelao, de corpo enfermizo, é levado ó San Pedro Mártir da igrexa de Belvís en Santiago.
1893
- Escolarización
-
1893
Pasa con sete anos á escola pública de Rianxo.
1897
- Nace Josefina
-
1897
Nace a súa irmá Josefina.
1898
- Nace Teresa
-
1898
Nace a súa irmá Teresa.
-
+ Expand All
1900
- Regreso a Galicia
-
1900
Toda a familia logo de alugar o negocio volve a Galicia.
1903
- Estudos universitarios
-
1903
1903, agosto, 31. Consegue o título de bacharel en artes. Aproba en setembro o preparatorio de medicina e matricúlase por libre na Facultade de Medicina de Santiago (Fonseca). O pai regresa a Rianxo.
1905
- Primeiras obras coloristas asinadas
-
1905
Castelao debuxa caricaturas da xente que o rodea e pinta as primeiras obras coloristas asinadas que se coñecen: Juerga flamenca, Paisaje con castillo.
1906
- Na tuna
-
1906
Incorpórase como primeira corda á Tuna Universitaria de
Santiago e van de xira ata Lisboa.
1907
- Coñece á que será a súa muller
-
1907
Mariano Rodríguez Dios accede á alcaldía de Rianxo. Ten relación con Ramón Tojo, o xefe do Partido Conservador. Castelao é nomeado alumno interno do Hospital (Hostal dos Reis Católicos) e logo consegue a praza de practicante. Actúa como guitarrista e caricaturista da Tuna Universitaria. Tertulias diarias no café Colón de Santiago con Manuel Lustres Rivas, Luis Villardefrancos, Ramón Garaboa, Javier Montero. Coñece a Virxinia Pereira Renda que logo será a súa muller.
1908
- Exposición en Madrid
-
1908
Pinta a augada Procesión do Patronato, da que exis ten varias copias. Debuxa a caricatura de Francisco Martínez, director da banda municipal de música de Santiago que se publicou en setembro na revista La Tribuna Literaria, Santiago. Debuxa a caricatura de Antonio Fernández-Tafall, director da Gaceta de Galicia, Santiago. Pinta Faetón de Rianxo a Santiago. Novembro. Expón por mediación de Eduardo Dieste na mostra colectiva do II Salón de Humoristas no salón Iturrioz de Madrid dúas obras: Matando el tiempo e La vuelta del che.
- Autocaricaturas
-
1908
Data do Álbum de autocaricaturas, que contén sete debuxos seus inéditos deica 1976. Pinta ó óleo o retrato de Ramón María del Valle-Inclán.
1909
- Varias publicacións e pinturas
-
1909
Xaneiro, 6. Publícase o primeiro número da publicación quincenal Galicia Moza de Santiago que se imprimía en Vilagarcía e da que Castelao é ilustrador.
Xaneiro. Sae o primeiro número da revista Vida Gallega con cuberta en cor de Castelao: Camiño da festa datado en 1908. No interior publícase unha autocaricatura e reprodúcense os cadros La vuelta del che e Matando el tiempo. Colaborara nesta revista con debuxos humorísticos.
Cesa como alcalde de Rianxo Mariano Rodríguez Dios.
Pinta ó óleo o retrato do seu pai, Mariano Rodríguez Dios.
Pinta un boceto para un cartel do ano santo compostelán.
Pinta o cadro Catro mariñeiros.
Xuño. Consegue a licenciatura de medicina.
Xullo, 25. Expón un tríptico, Unha festa na aldea, na Primera Exposición Regional Gallega en Santiago e consegue a medalla de ouro de pintura. Deste cadro hai varias versións.
Agosto, 7. Colabora en Galicia da Habana cunha caricatura de Antonio Fernández-Tafall.
Setembro, 29. Certificado de licenciado en Medicina expedido pola Universidade Central (Madrid).
Outubro. Viaxe a Madrid. Non se matricula nos cursos de doutoramento.
Envía obras ó III Salón de Humoristas de Madrid.
Decembro. Publícase en El cuento semanal, 156, a novela de Sofia Casanova, Princesa del amo hermoso, ilustrada por Castelao.
Publícase Almanaque gallego para 1910 en Bos Aires con cuberta de Castelao, e inclúe amais un apuntamento e unha autocaricatura.
-
+ Expand All
1910
- Exerce a medicina e fai debuxos humorísticos
-
1910
Abril. Publícase en El Cuento Semanal, 172, La distancia de A. Hernández Catá, ilustrado por Castelao.
Xullo. Regresa a Rianxo e reside na casa materna en Cabo de Vila cos avós. Comeza a exercer a medicina e a realizar os primeiros debuxos humorísticos e as caricaturas de xente de aldea.
Xullo, 17. Publícase o semanario El Barbero Municipal en Rianxo con Xosé de Arcos Moldes como director; secretario de redacción, Eduardo Dieste; administrador, Alfonso Rodríguez Castelao (que é á vez deseñador –a cabeceira é súa– e ilustrador do mesmo). O semanario, que estaba financiado por Mariano Rodríguez e polo Partido Conservador de Padrón, é unha resposta ás represalias políticas contra a xestión de Mariano Rodríguez como alcalde de Rianxo polos outros.
Decora con O cego de Padrenda o Hotel Calixto de Cambados, para o que fai tarxetas publicitarias.
Publícase Rías de ensueño de Prudencio Canitrot, con cuberta de Castelao sen asinar.
Publícase El encanto de las manos de Luis Antón del Olmet, con cuberta de Castelao.
1911
- Conferencia 'Algo acerca de la caricatura'
-
1911Xaneiro. Achégase ó movemento universitario “Joven Galicia”. Xaneiro, 29. Conferencia “Algo acerca de la caricatura” na sociedade cultural La Oliva de Vigo na “Fiesta del Arte”. Logo o diario Noticiero de Vigo publicará a súa autocaricatura. Febreiro. Pertence ó coro galego Aires da terra de Pontevedra dirixido por Perfecto Feixó. Participa coa Tuna Universitaria de Santiago, presidida por Ramón Fernández Mato, e actúan en Santiago e en Pontevedra. Castelao fai caricaturas da xente no propio acto. Asiste en Santiago a un breve curso de especialización en obstetricia impartido por Varela Radío. Maio. É operado dunha adenopatía no lado esquerdo do pescozo. Fai un debuxo da operación. Xullo. Colabora con debuxos en Mi Tierra, revista ilustrada de Ourense. Publícase Nido de áspides de Antonio Rey Soto, cun retrato do autor de Castelao.
1912
- Primeira exposición individual
-
1912Febreiro, 15. Inaugúrase a súa primeira exposición individual en Ourense onde se le a súa conferencia “Algo acerca de la caricatura”. Marzo. Castelao vai a Madrid. Abril, 12. Colabora con caricaturas en El Liberal, Madrid. Colabora cunha autocaricatura en La Tribuna de Madrid. Expón en solitario no Salón Iturrioz en Madrid Un aldeano, Ande yo caliente, En Villagarcía, La vuelta del che, Camino de la romería, De mi aldea, De Compostela, ¡Máis valera morrer!, Envidia, Esterqueiros, La loca del monte, No está muerto, está borracho, La siesta en Rianjo, Cople ros, Matando el tiempo, El tonto del pueblo, Plei teante, Virtud, Mientras suena la gaita, El mayor contribuyente, Dos egoísmos, Faguendo a doca, Una procesión de aldea, La fiesta del pue blo, Camino de la fiesta, El licenciado de presidio, Comentando la feria, La rebotica del pueblo, Hoy se saca ánima, Una rectoral, Hay que casarse, varios cadros de cegos e a caricatura de Prudencio Canitrot. Exposición de Pintura Regional Gallega no Centro Gallego de Madrid na que se exhiben 312 obras. 20 son de Castelao. Entre elas están: La siesta en Rianjo, Copleros e o tríptico Fiesta en la aldea. Maio. Publica unha autocaricatura en España Médica, Madrid. Homenaxe a Castelao na Punta de Neixón en Rianxo. Deseña o Cartel e a cuberta do programa de man das Festas do Apóstolo de Santiago de Compostela. Agosto, 15. Colabora cunha autocaricatura e unha caricatura en El Noroeste. Agosto-setembro. Expón na Primera Exposición de Arte na Coruña: Bohemia aldeana (tríptico), La loca del monte. Outubro, 19. Antonio Rey Soto casa ás dez da mañá na Estrada a Castelao (26 anos) con Virxinia Pereira Renda, que cumprira os 28. Establécense en Rianxo onde el exerce a medicina ata 1914. Colabora como ilustrador en La semana universal de Bos Aires. Conferencia sobre a caricatura en Ourense. Nova caricatura en El Barbero Municipal onde amais escribe en castelán e en galego artigos de rexouba. Castelao intégrase na campaña agrarista da Liga Agra ria de Acción Gallega. El Barbero Municipal convértese en voceiro da “Liga” e Castelao no líder do conservadurismo en Rianxo.
1913
- Sociedad Pro Cultura de Rianxo
-
1913Colabora con caricaturas en Suevia, Bos Aires e con artigos en Acción gallega, Madrid, órgano da Liga de Acción Gallega. Abril. Colabora con debuxos no semanario humorístico Gran Bufón de Madrid. Pinta o óleo O cego. Casino da Estrada. Xullo, 22. Pronuncia a conferencia “Algo acerca de la caricatura” no Balneario de Mondariz. 27. Publica por primeira vez “Algo acerca de la caricatura” co novo título de “Momento de arte” en La Temporada de Mondariz. Abril. Publícase a novela El hidalgo Tirso de Guimeraes de Luís Antón del Olmet con cuberta de Castelao. Colabora como debuxante no novo diario El Parlamentario, Madrid. Pinta un debuxo de Manuel Varela Radío. Debuxo a carbón sobre papel de Basilio Álvarez. Doa un cadro seu, Camiño da festa de Guadalupe a Hijos de Rianxo de Bos Aires. Setembro. É nomeado vicepresidente da Sociedade Pro Cultura de Rianxo.
1914
- Nacemento do seu fillo, Alfonso Luís
-
1914Febreiro, 1. Nace na Estrada o seu primeiro e único fillo, Alfonso Luís. 8. Colabora con ilustracións no semanario La Voz de Galicia, Bos Aires. Deseña o programa de festas da Coruña. Pinta o óleo Moza con cabuxa que foi regalado á Sociedad Gimnasio da Estrada, antecesora do Casino. Pinta Galicia durme. Problema: ¿Debe despertarse?, Apunte de un tonto de aldea, Señora con cuervo e cruceiro... Ilustra cun debuxo o libro de Luis Antón del Olmet e A. García Carraffa, Los grandes españoles: Alfonso XIII, tomo II. Xuño. Aféctalle por primeira vez unha cegueira por un desprendemento de retina. Operación cirúrxica no sanatorio de Baltar e de Varela Radío de Santiago. Recupera a visión parcialmente. Apártase a súa familia da política (campaña anticaciquil) e publica un prego solto: “Explicando nuestra conducta”. Xuño, 30. Recuperada a vista, publica unha autocaricatura en Vida Gallega. Novembro, 8. Publícase o primeiro número de Miña Terra, Santiago, con cabeceira de Castelao. Debuxa a caricatura de Eugenio López Aydillo.
1915
- Traslado a Madrid
-
1915Xaneiro. Entrega ó Balneario de Mondariz os tres grandes óleos con temas de cegos. Febreiro. Trasládase a Madrid onde prepara oposicións de ingreso na escala inferior do corpo de estatística. Co tríptico Cuento de ciegos consegue a terceira medalla na Exposición Nacional de Bellas Artes de Madrid. Recibe eloxios pola súa obra reproducida na prensa. Marzo. Colabora con debuxos na llustración Española y Americana, Madrid. Maio, 15. Pronuncia a conferencia “Algo acerca de la caricatura” no Ateneo de Madrid. Publícase a La casa de la Troya de A. Pérez Lugín con cuberta e Castelao. Colabora en La Esfera de Madrid. Decembro, 2. Inauguración do II Salón de Humoristas no salón de Arte Moderna de Madrid. Castelao expón Un ciego e ¡Mal pecado!. No catálogo-revista da exposición Humorismo reprodúcese un debuxo humorístico de Castelao.
1916
- Ingreso nas Irmandades da Fala
-
1916Xaneiro. Colabora con debuxos humorísticos e caricaturas na revista Suevia, de Bos Aires. Xaneiro, 3. Aprobadas as oposicións ingresa na delegación do Instituto Geográfico Estadístico. Escolle Pontevedra e o 15 toma posesión da praza. Deseña os decorados do Teatro Principal de Pontevedra para unha función benéfica. Castelao participa como actor no filme Miss Ledyia rodado en Galicia. Febreiro. Publícase o primeiro número da revista quincenal Estudios Gallegos de Madrid con cuberta de Castelao. Maio, 19. Publícase en Los Contemporáneos, 386, La mirada del ciego de Rafael López de Haro, ilustrada por Castelao. Xullo. É nomeado polo claustro profesor de debuxo do Instituto de Pontevedra. Pronuncia a conferencia “Algo acerca de la caricatura” no Recreo de Artesanos de Pontevedra. Pinta os óleos El emigrante, Regreso do indiano. Debuxo de Manuel Quiroga. Retrato de Rafael López de Haro. Debuxos doados a Juan Bautista Andrade. Ingresa nas Irmandades da Fala. Comeza cos debuxos do álbum Nós, acabados en 1918, expostos de 1920 a 1924 e publicados en 1931. Decembro, 11. Comezan en Madrid os exames para a praza de oficial de terceira do corpo facultativo de estatística. Castelao suspende ese primeiro día ó non aprobar o exame de francés.
1917
- Primeira colaboración gráfica en A Nosa Terra
-
1917Febreiro, 16. Publícase en Los Contemporáneos, 425, Pedazos de belleza de R. López de Haro, con ilustracións de Castelao. Abril. Colabora no xornal El Ideal Gallego, A Coruña. Publícase Algo acerca de la caricatura en Pontevedra, Est. Tipográfico Viuda de Landín. Contén o ex libris de Castelao. Xullo, 17. Publícase a súa primeira colaboración gráfica en A Nosa Terra, 25. Xullo, 25. Publícase Da terra asoballada de Ramón Cabanillas con cuberta de Castelao. Agosto, 26. Castelao amosa cinco cadros na segunda exposición de arte galega no Pazo Municipal da Coruña: O pobre Xan, Cegos, Cegos, Cegos e El señor cura. A fototipia Hauser y Menet de Madrid distribúe na súa colección de postais algúns dos cadros de Castelao expostos. Publícase Volvoreta de W. Fernández Flórez con cuberta de Castelao. Publícase Seara de Herminia Fariña con cuberta de Castelao. Publícase Los nietos de los celtas de Rafael López de Haro, con cuberta de Castelao. Nomeado profesor auxiliar de debuxo no instituto de Pontevedra. Expón no verán xunto con Carlos Sobrino no portal do estudio de J. M. Sáez Mon na rúa da Peregrina en Pontevedra. Expón a obra da Exposición Nacional de Bellas Artes de Madrid. Pinta ó óleo o retrato de Carlos Sobrino. Pinta para o Café Royalty de Pontevedra o óleo A tentación de Colombina. Outubro (?). Volve a Madrid para concursar á praza de oficial de terceira. Suspende.
1918
- Sae Nós no xornal El Noroeste
-
1918Febreiro, 1. Ilustra con caricaturas as cartas da cea de entroido no Liceo Casino de Pontevedra. Febreiro, 11. Colabora con debuxos humorísticos en El Sol de Madrid. Publícase En la masa de la sangre, de E. López Aydillo, con cuberta de Castelao. Durante a epidemia de gripe exerce a medicina en Rianxo. Novembro, 12. Sae Nós, folla solta do xornal El Noroeste, A Coruña, deseñada por Castelao. Decembro, 17-18. Primeira Asemblea Nazonalista en Lugo á que asiste como representante da agrupación pontevedresa das Irmandades da Fala. Castelao vai por terceira vez a Madrid e oposita ó corpo facultativo de Estatística. Aproba.
1919
- Colabora no Manifesto para a II Asemblea Nazonalista
-
1919
Xaneiro, 10. Castelao é nomeado auxiliar de Estatística, en virtude do concurso pasa a ser oficial terceiro do corpo de facultativos de Estatística con categoría oficial de 3º de administración.
Xaneiro. Volve a Pontevedra.Abril. Pronuncia a conferencia Arte e galeguismo na sociedade La Oliva de Vigo.
Maio, 20. Publícase a novela La revolución de Laíño de Francisco Camba, en Madrid, con cuberta de Castelao.
Xullo, 3. Publícase O diputado por Veiramar de G. López Abente con cuberta de Castelao.
Xullo, 25. Publica “Peito de lobo” en A Nosa Terra, 95, que será a súa primeira colaboración literaria.
Agosto. Castelao desprázase á Coruña para demandar xustiza do Gobernador Civil fronte ó alcalde de Rianxo, Manuel Viturro Posse, que quería derribar o hórreo da familia.
Setembro, 23. Colabora no Diario de Pontevedra.
Outubro, 25. Pronuncia a conferencia Arte e galeguismo na exposición de Imeldo Corral na Coruña.
A Irmandade da Fala publica a conferencia Arte e galeguismo na Coruña, na Tipografía de El Noroeste.Novembro, 1. Colabora na redacción do Manifesto para a II Asemblea Nazonalista.
Novembro, 7-9. II Asemblea Nazonalista Galega no pazo de San Clemente en Santiago de Compostela. O día 9 pronuncia o discurso Castelao.
-
+ Expand All
1920
- Expón os debuxos de Nós
-
1920Xaneiro, 13. Viaxe a Madrid camiño de Francia, Bélxica e Alemaña pensionado pola Junta para Ampliación de Estudios á que envía informes mensuais. Febreiro-maio. Participa no VI Salón de Humoristas de Madrid cunha soa obra non venal El ciego va de romería de propiedade particular. No catálogo reprodúcese a súa autocaricatura. Marzo, 2-22. Expón, por iniciativa das Irmandades da Fala no Salón da Reunión de Artesanos da Coruña os cincuenta debuxos do álbum Nós. O 13 pronuncia a conferencia, “Humorismo. Dibuxo humorístico. Caricatura” que publicará a Real Academia Galega en 1961. Marzo, 6. Publica sen debuxos “Humorismo. Dibuxo humorístico. Caricatura” en La Voz de Galicia e A Nosa Terra, 115. O relato inserido no primeiro apartado (Humorismo) aparecerá logo como obra independente co título de Un ollo de vidro. Memorias dun esqueleto, Céltiga, 1922. A sección segunda é ampliada e a terceira reproduce o dito na conferencia sobre a caricatura. Maio, 22. Exposición dos 50 debuxos de Nós na Casa de Galicia de Madrid ata o 10 de xuño de 1920. Xuño. Colabora no xornal Kiosko Alfonso, A Coruña. Pinta ¿Que ten o mozo? Setembro. Expón os debuxos de Nós no Ateneo de Madrid. Outubro, 20. Publícase o primeiro número da revista Nós deseñada por Castelao e na que figura como redactor. Publícase Colón español. Hijo de Pontevedra de José Rodríguez Martínez, con cuberta posterior de Castelao. Novembro. Expón os debuxos de Nós no Liceo en Ourense. Publícase a segunda edición de D’o ermo de Noriega Varela, con cuberta de Castelao. Colabora en Mondariz, 40, suplemento de La Temporada.
1921
- Viaxe a París
-
1921Xaneiro, 26. Chega a París. Escribe e ilustra o Diario. Publica en Nós “Do meu diario”. O Diario 1921 non se publicará ata 1977. Outubro. Volve a Pontevedra. Proposta de crear un Teatro de Arte para o que escribirá varias escenas. Debuxa a caricatura de Emilia Pardo Bazán. Publícase a segunda edición de Vento mareiro de R. Cabanillas en Madrid, con cuberta de Castelao. Publícase Xente d’aldea. Versos gallegos de Alfredo Pedro Guisado Abril (Pedro de Meneses) en Lisboa, con cuberta de Castelao. Decembro. Expón os debuxos de Nós no Salón Nuevo Club en Vilagarcía. Conferencias de Risco e de Castelao.
1922
- Publícase Un ollo de vidro
-
1922Febreiro, 18-20. Asiste como delegado da Irmandade de Pontevedra á IV Asemblea Nazonalista Galega celebrada na casa do concello en Monforte. Marzo, 5. Colabora en La Zarpa, Ourense. Marzo. Exposición dos debuxos de Nós en Monforte con conferencia no Liceo Casino. Abril, 9. Expón os debuxos de Nós en Ferrol e pronuncia unha conferencia no Círculo de Artesanos. Abril. Publícase Cadencias de Herminia Fariña Cobián en Pontevedra, con cuberta e ilustracións de Castelao. Pinta Cruceiro (Nocturno). Maio. Publícase en Madrid o primeiro número da revista Alborada de Pontevedra na que consta como redactor artístico o nome de Castelao. Maio. Publícase o primeiro número de As roladas. Folla dos picariños galegos ilustrada por Castelao. Maio, 28. Exposición dos debuxos de Nós no Salón Recreo de Artesanos en Pontevedra. Engade debuxos a cor. Castelao pronuncia unha conferencia. Xuño. Publícase o segundo número de Alborada, Pontevedra, cun gravado na cuberta de Castelao. Xullo, 25. Sae o primeiro número do xornal Galicia de Vigo con deseño da cabeceira de Castelao e un debuxo humorístico na primeira páxina. Xullo, 25. Publícase un número extraordinario de Alborada, Pontevedra, con cuberta e catro gravados de Castelao. Un deles ilustra o conto O cego do propio Castelao. Publícase Un ollo de vidro. Memorias d’un esqueleto, Ferrol, Céltiga. Colección Novela Mensual Ilustrada nº Xullo, 7. As cubertas e as ilustracións son de Castelao. Pinta o cartel publicitario para Un ollo de vidro. Fúndase a Irmandade Nazonalista Republicana. Decembro, 22. Publícase no Diario de la Marina da Habana Un ollo de vidro, traducido ó castelán por X. Martínez Quelle.
1923
- Chega a censura a Galicia
-
1923Xaneiro. Exposición dos debuxos de Nós no Ateneo de Barcelona. Asisten Castelao e Risco. Pronuncia unha conferencia sobre a caricatura. Febreiro. Colabora en Rexurdimento. Órgao da ING, Betanzos. Xuño. Exposición dos debuxos de Nós no salón de La Oliva en Vigo. Xuño. Pronuncia a conferencia “O noso sentimento na arte” no Círculo de Artesanos da Coruña. Xullo, 25. Colabora en Terra. Debuxo dun figurín con texto explicativo para a conversión en monólogo de Un ollo de vidro. Decembro, 21. Publícase en Galicia, Vigo, o Real Decreto do 15 de setembro de 1923 impoñendo a censura. Os debuxos de Castelao deberán de ser censurados polo lapis vermello do censor ou autorizados co selo do goberno militar de Pontevedra. Decembro, 30. Destitución dos concelleiros. Mariano Rodríguez, pai de Castelao, sae elixido alcalde de Rianxo por segunda vez.
1924
- Incorporación ó Seminario de Estudos Galegos
-
1924Abril, 4. Exposición dos debuxos de Nós no pazo de San Clemente de Santiago. Maio, 4. Incorporación de Castelao como socio activo na Sesión Extraordinaria do Seminario de Estudos Galegos no pazo de San Clemente de Santiago onde leu o seu discurso de ingreso, O novo esprito, ó tempo que se inauguraba unha exposición dos seus debuxos e acuarelas organizada polo SEG. Setembro, 30. Derradeira colaboración como debuxante de Castelao no xornal Galicia de Vigo. Decembro, 12. Publica O Rifante en Céltiga. Debuxo de Valentín Paz-Andrade.
1925
- Lectura de Cousas
-
1925Abril. Fúndase a Sociedad Coral Polifónica de Pontevedra. Maio, 16. Lectura con ilustracións de Cousas. Colleita de contos na Sesión 25, pública e extraordinaria do Seminario de Estudos Galegos no pazo de San Clemente. Castelao era director da Sección de Arte e Literatura e amais colaborador noutras seccións. Era o responsable da imaxe gráfica do SEG. Contribucións súas son os debuxos de traxes da comarca de Santiago para o Museo Etnográfico, o estudio dos cruceiros, as achegas ó arquivo filolóxico e etnográfico e as lecturas de textos literarios seus e dos seus estudios etnográficos. Publícase Estoria do bendito San Amaro de Ramón Cabanillas, con cuberta e ilustracións de Castelao, Mondariz Balneario, Edición Lar. Publícase Cantos populares gallegos de P. Luis Mª Fernández Espinosa en Pontevedra. Cuberta de Castelao e debuxo do gaiteiro de Campañó Xoán Tilve Castro, do Coro de Perfecto Feixó. Colabora con tres debuxos na 1ª Feira do Automóbil de Ocasión en Pontecesures.
1926
- Publícase Cousas
-
1926Xaneiro, 25. Colabora en Céltiga, Bos Aires. Pinta o Cartel “Año Santo. Exposición de arte en Compostela”, en xullo de 1926. Exposición de Arte Gallego no pazo de San Clemente en Santiago. Presenta: Escondite (acuarela), Nenos, Nenos, O cego, Paisaxe, O neno das piñas, Camiño da romaría. Publícase a comedia A Morriña de Antonio Presa Viso en Ourense, con cuberta de Castelao. Marzo, 23. Estrea dos decorados deseñados por Castelao para a actuación da Sociedade Polifónica en Pontevedra, que empregará na actuación do 4 de abril en Santiago. Marzo, 30. Publícase a segunda edición de No desterro de Ramón Cabanillas, con cuberta de Castelao. Publícase Na noite estrelecida de Ramón Cabanillas, con cuberta e ilustracións de Castelao. Outubro, 16, sábado. Primeira colaboración gráfica de Castelao en Faro de Vigo. Publícase Cousas. Primeiro libro. ca. Deseña o cartel publicitario de El Pueblo Gallego.
1927
- Agrávase a doenza nos ollos
-
1927Febreiro, 21. Publícase A paisaxe no cancioneiro da Vaticana de Xosé Filgueira Valverde; separata de Nós con cuberta, capitulares e viñetas deseñadas por Castelao. Marzo. Publícase Oraciós campesiñas de Eladio Rodríguez González, con cuberta de Castelao. Marzo. Publícase A rosa de cen follas. Breviario dun amor de Ramón Cabanillas con deseño de Castelao. Outubro. Agrávase a doenza nos ollos e vai con A. Iglesias Vilarelle a Bordeos a consultarse con Legrange. Estadía en París. Volta a Pontevedra e doloroso tratamento en Vigo. Novembro, 25. Publícase Historia sintética de Galicia de Ramón Villar Ponte con cuberta de Castelao na Coruña, editorial Nós. Publícase Arquivos I do SEG con cubertas e portada de Castelao. Decembro, 19. Publícase A Tola de Sobrán de F. Porto Rey, con cubertas e viñetas de Castelao. Decembro, 30. Créase o Museo de Pontevedra.
1928
- Morre o seu fillo
-
1928Xaneiro, 3. Morre o seu fillo ós catorce anos. Entérrano o día 4 á tarde en Pontevedra. Recibe unha homenaxe dos seus compañeiros. Abril, 24. Publícase Segundo libro de Cousas. Solicita á Institución Libre de Enseñanza a través da Junta para Ampliación de Estudios unha bolsa para estudiar as cruces de pedra en Bretaña. Xuño. No catálogo provisional da Exposición de Arte Gallego organizada por El Heraldo de Madrid no Palacio del Retiro cítase unha obra de Alfonso Rodríguez Castelao: Castañeira.
1929
- Viaxe a Bretaña
-
1929Maio. Viaxa con Virxinia Pereira na primavera a Bretaña mercé a unha pensión da Comisión de Estudios en Galicia da Junta para Ampliación de Estudios. Agosto. No Catálogo da Exposición de Arte Gallego, Amigos de Arte, de Bos Aires cítanse estas acuarelas de Castelao: Cegos, Vento mareiro, Mar devalado, Terra de lobos. Logo esta mesma exposición irá a Montevideo. Agosto. Regreso despois de catro meses de investigación por Bretaña a Pontevedra. Preside ata 1932 a Sociedade Coral Polifónica creada en 1925. Decembro, 16. Colabora no semanario deportivo Aire, en Pontevedra.
-
+ Expand All
1930
- Publica Cincoenta homes por dez reás
-
1930Recupera a vista e volve á actividade artística. Abril, 27. Asiste á VI Asemblea Nazonalista na Coruña. Maio, 15. Publicación de As cruces de pedra na Bretaña, Seminario de Estudos Galegos, Santiago, impresa en Pontevedra. Xuño, 9, domingo. Acude á homenaxe a R. Otero Pedrayo no Hotel Roma de Ourense. Xullo, 10. Constitúese en Ourense a Asociación de Escritores Galegos da que Castelao é segundo vicepresidente. Xullo, 25. Vigo. Pronuncia pola mañá o discurso “O galeguismo no arte”, no acto galeguista celebrado no Teatro García Barbón de Vigo. Fala no xantar galeguista na Varxa. Publícase “O galeguismo no arte” en Discursos pronunciados o Día de Galicia, A Coruña: edicións do Grupo Autonomista de Vigo. Publica Cincoenta homes por dez reás. Publícase D’o mar e d’a berra. Poesías gallegas de Francisco Mª de la Iglesia González en Madrid, con cuberta de Castelao. Publícase Cousas da vida. Almanaque 1931, Vigo, Faro de Vigo, que contén 63 “cousas da vida”.
1931
- Sae elexido deputado
-
1931Marzo. Publícase sufragado por un grupo de amigos o álbum Nós en Madrid, en Hauser y Menet. Abril. Publícase Contiños da terra de Manoel García Barros cunha ilustración de Castelao. Abril, 26. Participa no mitin conmemorativo dos mártires de Carral en Vigo. Comeza a escribir a obra de teatro Pimpinela que co tempo será o terceiro lance de Os vellos non deben de namorarse. Segunda edición de Cincoenta homes por dez reás. Xuño. Participa na Asemblea Autonomista da Coruña convocado pola ORGA / FRG na que se discute un primeiro Proxecto de Estatuto Galego Federalista. Xuño, 28. Eleccións a Cortes Constituíntes da II República. Castelao, que encabeza a candidatura galeguista da provincia de Pontevedra nunha lista por minorías, sae elixido deputado. Xullo, 25. Participa no mitin do Día de Galicia e no xantar de Vigo. Setembro, 18. Intervención de Castelao no congreso dos deputados en defensa do galego. Volve a Rianxo onde lle preparan un acto popular de homenaxe. Outubro. Tentativa fanada dos parlamentarios galegos de elaborar un Proxecto de Estatuto para Galicia. Outubro. Colabora no xornal Vanguardia Gallega, Lugo. Decembro, 5-6. VII Asemblea Nazonalista Galega en Pontevedra e fundación do Partido Galeguista.
1932
- Acto de desagravio en Lugo
-
1932Abril, 10. Colabora en La Voz de Galicia, A Coruña. Xuño, 12. Homenaxe a Castelao no salón da deputación e no Hotel Méndez Núñez de Lugo, acto de desagravio por un artigo sen asinar publicado no periódico El Imparcial de Madrid contra Castelao por defender o Estatuto de Autonomía de Cataluña. Colabora en Resol, Santiago. Xullo, 20-22. Castelao e mais R. Otero Pedrayo chegan a Barcelona invitados por Maciá. Xullo, 25. Colabora en Galiza, Mondoñedo. Setembro, 25. Publícase Unificación y diversificación de las nacionalidades / El Priscilianismo de Manuel Portela Valladares, en Barcelona, con cubertas e ilustracións de Castelao. Publícase Método de lectura de Josefina Iglesias Vilarelle, con cuberta de Castelao. Novembro, 21. Conferencia “O novo esprito no arte” no Paraninfo da Universidade de Santiago. O 22 falará sobre “A caricatura”. Colabora en Cristal, Pontevedra. Decembro. Asemblea de concellos galegos en Santiago, da que sae o Anteproxecto de Estatuto de Autonomía.
1933
- Pacto de Compostela
-
1933Xaneiro, 12. Castelao chega a Madrid. Entrevista con Manuel Azaña o día 17. Deseña os bocetos para os decorados de Divinas Palabras de R. Valle-Inclán con Pitti Bartolozzi e Pedro Lozano de Sotés por encargo do propio autor. Febreiro. Deseña os bocetos para os carteis da campaña de apoio a favor do Estatuto de Autonomía. Febreiro, 12. Mitins pro Estatuto de Autonomía de Galicia nos que participa Castelao. Febreiro, 23. Colabora en El País, Pontevedra. Abril, 2. Acude á Casa de Galicia en Bilbao. Abril, 9. Derradeira colaboración no xornal Faro de Vigo no que publicou 348 debuxos. Abril, 27. Elixido como membro numerario da Real Academia Galega. Abril. Pronuncia a conferencia “O novo esprito na arte” en Lugo. Maio. Intervención dos deputados galeguistas nas Cortes logo editadas polo Partido Galeguista no folleto A intervención dos diputados galeguistas. Xuño. Viaxe e estadía de Castelao en Madrid. Xullo, 25. Castelao no Día de Galicia participa na homenaxe a Rosalía de Castro na Alameda de Santiago e pronuncia alí un mitin. Logo no local do SEG elabórase o Pacto de Compostela, acta fundacional de Galeuzca, escrito en galego por Alexandre Bóveda, asinado por partidos cataláns, o PNV, o Partido Galeguista e Ultreya para a consecución e consolidación das autonomías e a transformación da II República nunha república federal. Agosto, 3-12, Xuntanza de Galeuzca en Barcelona á que acuden por Galicia Ramón Otero Pedrayo e mais Álvaro de las Casas e incopórase a ela máis tardiamente Castelao. É nomeado Secretario Político do Partido Galeguista. Novembro, 19. Eleccións lexislativas. O Partido Galeguista non consegue representación nestas eleccións xerais nas que votan as mulleres por primeira vez. Compón a obra de teatro Pimpinela que logo se integrará como o terceiro lance de Os vellos non deben de namorarse. Publica Castelao e Bouza-Brey Escudos de Rianxo, separata do número 113 do boletín Nós, Santiago.
1934
- Publícase Os dous de sempre
-
1934Abril, 12. Lectura da peza Pimpinela por Castelao, na V Xuntanza Xeral do SEG, pazo de San Clemente, en Santiago, ás 19 horas. Maio. Publícase Antre dous séculos. Versos galegos de Gerardo Álvarez Limeses con prólogo de Castelao. Mitins na Coruña e Ourense. Xullo, 24. Mitin das Arengas, á noite na praza da Quintana en Santiago de Compostela. Xullo, 25. Pronuncia o discurso de ingreso na Real Academia Galega, As cruces de pedra na Galiza, que se publicará en 1964. Xullo, 25. Publícase Os dous de sempre. Publícase A romeiría de Xelmírez de R. Otero Pedrayo, ilustrada por Castelao. Publícase Os evanxeos da risa absoluta de A. Villar Ponte con cuberta, capitais e viñetas de Castelao. Pinta catro figuras para o proxecto dun ballet galego. Agosto, 14. Acude á inauguración do monumento a Curros na Coruña. Setembro, 29. Publícase o volume Cousas, que refunde as edicións de 1926 e de 1929. Novembro, 20(?). Castelao parte cara ó desterro a Badaxoz baixo o pretexto de traslado administrativo por orde do goberno debido a súa suposta campaña antilerrouxista. Decembro, 19. Publícase Retrincos. Publícase Retrincos en Ciudad, Madrid, traducidos ó castelán por E. Blanco-Amor. Publica un Almanaque galego pra 1935, con debuxos do segundo libro de Cousas.
1935
- Regreso do seu desterro en Badaxoz
-
1935Febreiro, 7. Colabora en Seara nova, Lisboa. Comeza a traballar no segundo lance de Os vellos non deben de namorarse e imaxina parte do terceiro. Febreiro. Viaxe de incógnito unha fin de semana de Badaxoz a Lisboa onde é recibido o día 11 por Ramón Martínez López. Estancia no Hotel Tívoli onde coñece a Teixeira de Pascoaes e lle le a pedimento seu o lance “Pimpinela” de Os vellos non deben de namorarse. Marzo, 11. Sae de Badaxoz para Galicia cun permiso oficial de quince días. Marzo, 28. Publícase Dous folk-dramas de W. B. Yeats con cuberta de Castelao. Abril, 3. Pronuncia a conferencia “Os cruceiros na Galiza” na Semana Galega do Porto. Xullo, 1. Colabora en Ser, Santiago. Xullo, 15. Castelao deixa o seu destino, Badaxoz. Recibe un acto de desagravio en Madrid polo seu desterro e regresa a Pontevedra. Xullo, 25, xoves. Castelao fala na Coruña de Curros e os labregos. Setembro, 1. Acto conxunto do Partido Galeguista e Izquierda Republicana en Lalín ante mil cincocentas persoas no que fala, entre outros, Castelao. Setembro, 6. Volve ser restablecido no seu antigo posto en Pontevedra. Incorporarase o 28. Setembro. Vai con Virxinia á Exposición Universal de Bruxelas. Viaxa en tren: Hendaia-Lourdes, Dax, París (día 20). Dá mitins en varias vilas. Decembro. Compón o lance “Don Ramón” de Os vellos non deben de namorarse. Publícase Matria. Drama en dous aitos, de Álvaro de las Casas con debuxos de Castelao.
1936
- Estatuto de Autonomía
-
1936Xaneiro. Chocolates Gloria (Vigo) publica un calendario para 1936 con doce debuxos de Nós. Xaneiro, 6. Morre Ramón María del Valle-Inclán. Castelao fai un debuxo del. Campaña electoral: o Partido Galeguista preséntase nas listas electorais da Fronte Popular a cambio do seu apoio ó Estatuto de Autonomía para Galicia. Febreiro. Publícase Da emigración. Notas d’un galego de Antón Paz Míguez, con cuberta de Castelao. Febreiro, 16. Eleccións lexislativas. O candidato máis votado da Fronte Popular na provincia de Pontevedra, con 103.436 votos. Marzo, 26. É admitido como deputado no Parlamento. Marzo, 29. Fúndase en Santiago a Asociación de Escritores de Galicia, que nomea a Castelao representante en Madrid. Deseña dous carteis a prol do referendo do Estatuto de Autonomía para Galicia. Participa na campaña pro Estatuto. de Autonomía para Galicia. Xuño, 28, domingo. Día do referendo do Estatuto de Autonomía. Triunfa o si por maioría. Xullo. Viaxa con Virxinia a Madrid e agarda á Comisión portadora do Estatuto presidida por Ánxel Casal, alcalde de Santiago. Xullo, 14. Fala pola mañá na entrega do Estatuto ó presidente das Cortes, Diego Martínez Barrio. Xullo, 16. Recibido polo presidente da II República Manuel Azaña. Pola tarde despide na estación do Norte a Antón Alonso Ríos, Elpidio Villaverde Rey e outros. Xullo, 18. Esténdese por España a sublevación militar contra a II República. Castelao aconsella ós seus que agarden en Madrid a que se normalice a situación. Outubro, 1. Último pleno das Cortes Xerais en Madrid, onde se aproba o Estatuto de Autonomía de Euzkadi votado por Castelao e mais Ramón Suárez Picallo. Outubro. Viaxan a Barcelona Castelao, Virxinia e mais Suárez Picallo onde os deputados galegos pretenden formar unha milicia galega semellante á formada en Madrid. Castelao asiste ó xuramento como lehendakari diante da árbore de Guernica de José Antonio Aguirre. Decembro. Castelao e a súa dona trasládanse a Valencia. Decembro, 27. Asiste en Barcelona ó aniversario do cabo de ano da morte do presidente F. Maciá.
1937
- Galicia Mártir e Atila en Galicia
-
1937Febreiro, 1. Comeza a dilixencia de embargo dos seus bens no domicilio da rúa da Oliva en Pontevedra. Febreiro. Publica Galicia Mártir da que existen catro edicións. Dúas de 1937: a de Ediciones Españolas (Madrid-Valencia) a do Ministerio de Propaganda; e outras dúas sen datar: a do Comité de Ayuda al Gobierno Español (Bos Aires) e a do Medical Bureau to Aid Spanish Democracy (de Nova York e impresa en Toronto, Canadá, que se basea na do Ministerio de Propaganda). Febreiro. Combate nas Cortes as manobras contra o Estatuto de Galicia. Marzo, 28. Vai a Barcelona e pronuncia no nome do Partido Galeguista un discurso con motivo da festa patriótica vasca. Abril, 5. Colabora en Nova Galiza. Boletín Quincenal dos escritores antifeixistas, Barcelona. Xullo. Publica Atila en Galicia en Valencia editado polo Comité Nacional da CNT. Colabora en Nueva Galicia (Madrid), Pueblo (Valencia), Mensajes (A Habana), e La Voz (Nova York). Expóñense seis debuxos de Castelao no vestíbulo do periódico Crítica en Bos Aires. Publícase Os dous de sempre en castelán (Los dos de siempre, Valencia, editorial Mar). Trátase dunha edición pirata publicada en Montevideo. A traducción é de Arturo Carril. Castelao crea Solidaridade Galega Antifeixista en Barcelona a cargo do propio Castelao e de Pedro Longueira.
1938
- Viaxes á URSS, EEUU e Cuba
-
1938Xaneiro. Remata o lance “Don Ramón” e comeza o primeiro de Os vellos non deben de namorarse. Febreiro, 1. Cortes de Monserrat nas que se tramita o Estatuto de Autonomía para Galicia. Un bombardeo aéreo destrúe a súa casa na rúa Balmes e déixao case que cego. Castelao refúxiase en San Cugat del Vallés. Abril. A proposta do ministro de Estado (Asuntos Exteriores) Julio Álvarez del Vayo, Castelao vai coa súa dona á URSS 26 días en misión cultural. Durante a travesía polo Báltico escribe a escena das catro choronas do lance primeiro de Os vellos non deben de namorarse. Maio. Expón trinta obras na sala do Museo de Arte Occidental Moderna en Moscova: Galicia mártir, Atila en Galicia e probablemente as dez estampas inéditas aínda de Milicianos. Reprodúcense os seus debuxos en Vocs. Maio, 20(?). Regresa dende o porto de Leningrado no barco Koperatzia ata o de Londres onde chega o 29, logo vai a París onde está uns días, repasa o segundo lance de Os vellos non deben de namorarse que declara inservible e entrevístase con M. Portela Valla- dares, o 23 de xuño. Finalmente, chega coa súa dona a Barcelona. Xullo. Solicitado polas comunidades galegas, o ministro de Estado (Asuntos Exteriores), J. Álvarez del Vayo, proponlle unha misión propagandística por América. Xullo, 20. Vai coa súa dona a Nova York no paquebote Ile-de-France que zarpa do porto do Havre. Na travesía pinta o gouache A bordo do “Ile-de-France”. Xullo, 26. Chega a Nova York. Agosto. Edita Milicianos, Nova York. Percorre parte dos Estados Unidos buscando apoio para a República na compaña de Luis Soto. Outubro, 24. Expón nunha Sala Delphic Studios, 44 West 56 St. da Quinta Avenida, os cincuenta debuxos do álbum Nós e os de Galicia Mártir, os de Atila en Galicia e, por primeira vez, Milicianos. A mostra, baixo os auspicios do North American Committe e das Sociedades Hispanas Confederadas, estará aberta deica o 6 de novembro de 1938. Colabora na prensa hispana, La Voz e Frente Popular de Nova York, e na americana, Daily Worker, New York Times, Chicago Tribune. Pinta Galegas de América: ¡compride a manda dos nosos mortos!, da Casa de Galicia. Novembro, 11. Viaxa acompañado de Virxinia e Luís Soto en hidroavión á Habana. Desprázase a Santiago de Cuba. Mitins e recadacións a favor da República por toda a illa de Cuba. Decembro. Participa na campaña de apoio á Hermandad Gallega, que se presenta as eleccións para dirixir o Centro Gallego de La Habana. Decembro, 17. Exposición de debuxos na Casa da Cultura. Colabora nas publicacións cubanas Bohemia, Nosotros, Cultura Gallega, Mediodía, Pueblo, Hoy, Revista Bimestre Catana e Ultra.
1939
- Estadía en Nova York
-
1939Estampas de tinta chinesa de negros, Maternida de, Os froitos galegos da civilización cristián, La mujer del contrabandista. Febreiro, 25. Vaise de Cuba e volve a Nova York. Abril. Discurso no oitavo aniversario da República no Royal Windsor de Brooklyn. Abril, 12. Publícase “Aos grupos galeguistas de toda América” en La Voz, de Nova York, na que se fala da creación da Irmandade Galeguista de Nova York e dos seus estatutos. Abril, 18. En Galicia Castelao é separado definitivamente do seu posto na Delegación de Estatística de Pontevedra. Xullo, 10. Castelao coa súa dona sae de Nova York cara a California. Xullo, 24. En San Francisco, na súa estancia no hotel Colombo, segue redactando As cruces de pedra na Galiza e refai a primeira versión do manuscrito de Os vellos non deben de namorarse. É nomeado Presidente Honorario da Federación Mundial de Sociedades de Negros. Decembro. Remata o primeiro lance de Os vellos non deben de namorarse e ponlle fin á obra refeita segundo o texto “Ao marxe da farsa” da segunda versión do manuscrito de Os vellos... Publícase Un ollo de vidro. Memorias d’un esqueleto, Bos Aires, Grupo Galeguista.
-
+ Expand All
1940
- Traslado a Bos Aires
-
1940Xaneiro. Comeza o “Libro II” de Sempre en Galiza. Febreiro, 10. Imparte durante un breve tempo clases de debuxo e pintura en substitución do profesor titular no Vassar College. Abril, 1. Recibe carta de Rodolfo Prada na que lle notifica que o goberno arxentino lle concede o permiso de residencia para se establecer en Bos Aires por ser antigo residente. Xullo, 18. Chegada ó porto de Bos Aires onde é acollido con emoción polos galegos. O día anterior fixo escala no porto de Montevideo onde xa fora recibido con entusiasmo pola colectividade galega. Xullo, 22. Recepción no Centro Gallego. Xantar no Prince George’s Hall. Xullo, 25. “No Día de Galicia” discurso pronunciado por Castelao no salón do Prince George’s Hall. Agosto, 18. Recepción a Castelao feita polo Centro Gallego no salón do Prince George’s Hall onde pronuncia un discurso. Agosto. Publica Cincuenta hombres por dos pesos en edición bilingüe, en Bos Aires. Colabora en Galicia. Revista del Centro Gallego, e Abrente, de Bos Aires. Comeza a ilustrar os libros da editorial Atlántida. Decembro. Viaxa con Virxinia a Montevideo e regresan logo a Bos Aires.
1941
- Estrea de Os vellos non deben de namorarse
-
1941Pinta as acuarelas da serie mitolóxica Faunalia. Marzo. Comezan os ensaios de Os vellos non deben de namorase. Marzo, 31. As Mocedades Galegas de Bos Aires publican o Discurso dito por Castelao na demostración que lle ofreceu o Centro Galego, no salón “Prince George’s Hall” o día 18 d’agosto do 1940; edicións de Ánxel Casal. Xullo, 25. Pronuncia o discurso “No día de Galicia”. Xullo. Publícase en castelán “Pecho de lobo” en Veinte cuentos gallegos, Bos Aires. Agosto, 14. Estrea no Teatro Mayo de Bos Aires de Os vellos non deben de namorarse. Outubro, 8. Estrea no Teatro Solís de Montevideo de Os vellos non deben de namorarse. Mesmo cadro escénico. Para a estrea Castelao envía unha fonopostal gravada por el en castelán e baseada nun texto que escribiu en galego. Colabora en Pensamiento Español, A Fouce, Resol e Euzko Deya, en Bos Aires. Debuxa a lapis catro cadros que titula Os meus compañeiros. Pinta un mural para o restaurante La Casa de la Troya de Luís e Elpidio Villaverde en Bos Aires. Decembro. Presentación de Irmandade Galega. Castelao amais participará nas actividades culturais e políticas da colectividade galega e dará dende a súa chegada conferencias e discuros en Bos Aires e Montevideo e así mesmo recibirá continuos homenaxes.
1942
- Sae A Nosa Terra en Bos Aires
-
1942Xuño. Publícase Co pensamento na patria galega de A. Alonso Ríos en Bos Aires cun prólogo de Castelao. Xuño, 28. Sae A Nosa Terra co número 425 en Bos Aires editada por Irmandade Galega na que colaborará. Xullo. Colabora na Revista Compostela de Bos Aires. Agosto, 17. Participa no funeral civil a Bóveda organizado pola Irmandade Galega no Centro Ourensán. Irmandade Galega publica o folleto “Noite i amañecer de Galiza”. Pinta gouaches. Decembro. Publícase o libro Jacobuslad de Emilio Pita en Bos Aires ilustrado por Castelao. Pinta Pandereteiras, Gaiteiros...
1943
- Remata Sempre en Galiza
-
1943Pinta a augada Romaría, Rolda de nenos. Abril, 18. Mitin no Stadium Centenario de Montevideo ante cincuenta mil persoas. Falan entre outros Castelao, Antón Alonso Ríos e mais Elpidio Villaverde Rey. O discurso “Na conmemoración da República española” será incluído no remate do “Libro III” de Sempre en Galiza. Publícase “Verbas ditas polo diputado galego Alfonso Rodríguez Castelao no Stadium Centenario de Montevideo o 18 de abril de 1943” en Irmandade Galega, Bos Aires. Colabora en Lugo e na Revista del Centro Pontevedrés, Bos Aires. Xullo. Acto organizado pola Irmandade Galega de Bos Aires para conmemorar o aniversario do referendo do Estatuto de Autonomía con discurso de Castelao. Remata Co pensamento en Galiza (Sempre en Galiza).
1944
- Constitúese o Consello de Galiza
-
1944Marzo, 10. Publícase Sempre en Galiza (non contén o libro IV). Xullo, 2. Xantar de mil cincocentos comensais no Prince George's Hall ofrecido pola colectividade galega por mor da presentación de Sempre en Galiza. Discurso de Castelao. Publícanse textos traducidos ó castelán de Sempre en Galiza en México: “Castilla no es España, es la anti España”, na editorial B Costa Amic. Publícase “Una cosa” traducida por C. Martínez Barbeito en Práctica de literatura no castellana de F. Ros, en Barcelona. Outubro, 17. Publícase en París o manifesto asinado por A. Aguirre, Carlos Pi i Suyer e A. D. R. Castelao do que nacerá Galeuzca. Novembro, 15. Constitúese o Consello de Galiza na Casa Galicia en Montevideo por non poderse facer en Bos Aires debido á lexislación arxentina.
1945
- Viaxes a México, EEUU e Cuba
-
1945Colabora en El Orensano e en Galicia, Bos Aires. Abril. Alocución: “Conmemoración do bombardeo de Guernika” na praza Guernica de Montevideo. Xuño, 10. Exposición de Nós e dos tres álbums de estampas da guerra no Ateneo de Montevideo. Publícase un folleto da mostra. Xuño, 30, domingo. Discurso: “Na conmemoración do Estatuto” no salón do Ateneo de Montevideo para conmemorar o noveno aniversario do plebiscito de autonomía de Galicia. Logo será editado pola Irmandade Galega. Nova edición de Galicia mártir en Rosario de Santa Fe (Arxentina). Pinta A derradeira lección do mestre. Xullo, 25. Discurso: “No Día de Galicia”. Orixinal mecanografado. Agosto. Deseña e escribe na revista Galeuzca. Agosto, 17. Dúas verbas no cabo de ano de Alexandre Bóveda no Centro Ourensán. Colabora en Alborada de Bos Aires. Outubro, 1. Viaxa a México para participar na sesión das Cortes. Novembro, 21. Chega con Antón Alonso Ríos á Habana en avión. Decembro. Abandona a illa de Cuba con destino a Nova York. Entrevista con José Aguirre, o lehendakari vasco exiliado.
1946
- Nomeado ministro da II República Española no exilio
-
1946Colabora en Opinión Gallega, de Bos Aires. Marzo. É nomeado Ministro sen Carteira e sen secretaría da II República española no exilio, do segundo gabinete de José Giral. Xuño, 28. Participa no aniversario do referendo do Estatuto de Galicia no Centro Asturiano. Xullo. Remata As cruces de pedra na Galiza. Xullo, 27. Embarca coa súa dona Virxinia no Campana, con escala en Montevideo e Río de Janeiro, cara a Marsella, e logo trasládaranse en tren a París. Decembro, 27. Asiste á sesión do Consello de Ministros.
1947
- Deixa o goberno no exilio
-
1947Xaneiro, 21. Defende no Consello de Ministros o goberno de Giral. Ábrese outra crise no goberno. Xaneiro, 26. Demisión de Giral: Castelao deixa de ser ministro do seu gabinete. Xaneiro, 31. Redacta en París “Galiza asume a defensa da República”. Primerias probas clínicas da súa doenza. Marzo, 15. Redacta “Crisis do goberno de Giral esplicada por Castelao” en doce folios mecanografados. Xuño. En Bos Aires Manuel Puente le no décimo primeiro aniversario do referendo do Estatuto de Galicia o discurso escrito por Castelao, que está en París. Xullo, 25. Trasládase a Bandol para ver a Manuel Portela Valladares e embarca en Marsella cara a Bos Aires. Chega a Montevideo o día 15 de agosto. Setembro, 1. Chegan a Bos Aires. Setembro, 4. Reencontro con R. Otero Pedrayo que viñera invitado dous meses en misión cultural pola Comisión de Cultura do Centro Galego e que volve a Galicia o día 5.
1948
- Conmemoracións galeguistas
-
1948Maio, 13. Acode a Montevideo para recibir ó seu curmán Alfredo Somoza, que estivera escondido once anos nunha casa na Coruña antes de poder fuxir. Xuño, 28. Décimo segundo aniversario do referendo de Estatuto de Galicia organizado pola Federación de Sociedades Galegas, os catro centros galegos provinciais, ABC de Corcubión, Centro Betanzos e a Irmandade Galega no salón da federación. No acto repartiuse o folleto con introducción e notas de Castelao: O Estatuto de Galicia. Antecedentes e comentarios, Federación de Sociedades Galegas, Bos Aires. Discurso de Castelao. Xullo, 25. Xornadas Galegas organizadas pola nova directiva do Centro Galego. Lectura de Castelao pola mañá de “Alba de Gloria” no Teatro Arxentino. Pola tarde no banquete organizado polo Centro Galego completa o discurso da mañá coa significación simbólica do apóstolo Santiago omitido pola mañá. Agosto, 22. Celébrase o Día dos Mártires Galegos no salón teatro da Federación de Sociedades Gallegas. Colabora en Alma Gallega, Montevideo.
1949
- Derradeiro escrito de Castelao
-
1949Marzo. Diagnostícaselle cancro de pulmón. Xuño. Castelao, enfermo e cego, envía unha mensaxe ó acto do décimo terceiro aniversario do referendo do Estatuto de Galicia. Agosto. Entra en imprenta As cruces de pedra na Galiza. Decembro. Castelao asina o primeiro prego dalgúns exemplares. Publicarase en 1950 pola editorial Nós, en Bos Aires. Colabora en Alborada, de Bos Aires. Decembro, 9. Derradeiro escrito de Castelao.
-
+ Expand All
1950
- Morre Castelao
-
1950Xaneiro, 2. Ingresa na clínica do Centro Galego. Xaneiro, 7. Falece ás 23.50 horas. Xaneiro, 9. Enterro as 15.30 horas no Panteón Galego da Chacarita, en Bos Aires.