Ciclo de Conferencias sobre a figura de Castelao. Lalín, 18-21 de outubro

Ciclo de Conferencias sobre a figura de Castelao. Lalín, 18-21 de outubro

Entre os obxectivos da Fundación Castelao está o de estimular e favorecer a cultura galega, poñendo en valor a capacidade analítica de Castelao nos aspectos social, político e cultural, e proxectando esa análise na Galicia de hoxe.

É por iso polo que a Fundación Castelao, en colaboración co Concello de Lalín e de persoas de recoñecido prestixio, desenvolve este ciclo de conferencias que terán lugar no Museo Ramón María Aller de Lalín entre os días 18 e 21 de outubro, e no que intervirán Encarna Otero Cepeda (Profesora de Historia), Xusto Beramendi González (Catedrático de Historia Contemporánea), Miguel Anxo Seixas (Doutor en Historia da Arte) e Carlos Mella Villar (Presidente da Fundación Castelao).

Arquivos relacionados (preme no enlace para máis información):

Programa Acto Lalín

Resumo actividade

Memoria actividade