Nace en Rianxo en 1886 e emigra o pai a Arxentina. Logo irán el coa nai a Pampa arxentina, en 1896, onde residen ata 1900. Volven con dúas novas irmás. Estuda medicina en Santiago de Compostela. Autodidacta no debuxo comeza a ensinar as súas caricaturas de persoas e a pintar escenas cómicas na prensa de Galicia. Produce pintura costumista, 1908, e prémianlle Unha festa na aldea na exposición de 1909 en Santiago. Publica  humorismo gráfico dende 1909 na prensa galega, e dende 1910 colabora como ilustrador en revistas de Madrid e en El barbero municipal de Rianxo. Teórico da arte escribe Algo acerca de la caricatura, 1911. Produce pintura realista e expón en solitario en Madrid, 1912. Casa e ten un fillo. Simpatiza co agrarismo. En 1914 comeza a colaborar na prensa galega en Buenos Aires e maniféstase o deterioramento da súa vista. En 1915 é premiado coa terceira medalla na Exposición Nacional de Bellas Artes en Madrid. Aproba as oposicións de estatística. Establécense en Pontevedra en 1916. Publica o folleto Algo acerca... Segue a pintar e a debuxar. Afíliase as Irmandades da Fala. Colabora como humorista gráfico en A Nosa Terra, 1917. Produce pintura primitivista dende 1918. Cos debuxos que enviara á prensa galega da emigración reelabora o álbum Nós. En 1919 comeza a publicar en galego relatos na prensa e o ensaio Arte e galeguismo. Comeza a expoñer o seu álbum Nós e a colaborar como ilustrador coa revista galega Nós. En 1921 viaxe de estudos a París, a Bruxelas, a Gante, Bruxas e a Berlín. En 1922 colabora como humorista gráfico ("Cousas da vida") en Galicia, Vigo, e publica o seu relato Un ollo de vidro, ilustrado por el.

Ingresa no Seminario de estudos galegos, en 1924, co que colabora como debuxante, investigador e etnógrafo e comeza a estudar e debuxar os cruceiros. Axuda a formación da Sociedade Filarmónica de Pontevedrae fai os seus decorados.

Publica o libro de relatos: Cousas, 1926, ilustrado por el. Comeza a publicar contos en El Pueblo Gallego e debuxos humorísticos en Faro de Vigo.

Volve o deterioramento cíclico na vista, en 1927, e morrelle o único fillo en 1928. Publica novos relatos en Cousas, 1929, e viaxa á Bretaña francesa para estudar os cruceiros. Publica en 1930 dous libros de humorismo gráfico, Cincoenta homes por dez reás e Cousas da vida, almanaque 1931. Publica o álbum Nós en 1931, e é escollido deputado nas cortes constituíntes da República. Membro do novo Partido Galeguista defende nas cortes cos seus dous compañeiros nacionalistas os dereitos dos galegos e un Estuto de Autonomía ata as eleccións de 1933. En 1934 intensifica o labor como escritor, debuxante e politico. Ingresa na R.A.G., xunta os relatos Cousas publica os contos Retrincos e a novela Os dous de sempre. O goberno destérrao a Badajoz. Publica a serie "Verbas de chumbo" en A Nosa Terra (será o "Adro" de Sempre en Galiza). Volve a Pontevedra en 1935 e intensifica o labor político e busca o acordo táctico coa esquerda republicana para aprobar o Estatuto de autonomía de Galicia. Deputado de novo en 1936 consegue que se aprobe o Estatuto que entrega en Madrid. Tras o golpe militar e logo a guerra civil reflicte a inxustiza, a represión e vinganza en Galicia, en Galicia mártir, Atila en Galicia, e a da guerra en Milicianos que debuxa en Valencia en 1937. Publica ensaios en Nueva Galicia (será o "Libro Primeiro" de Sempre en Galiza) e artigos en Nova Galiza. En 1938 viaxa a Moscova onde expón os tres álbums de guerra. O volver irá a Nova Iorque para facer campaña polos Estados Unidos a prol da republica. Edita Milicianos e expon en Nova York eses tres álbums de guerra e Nós. Extende a campaña illa de Cuba e na Habana expon os tres álbums de guerra e Nos. Volve á Nova Iorque en 1939. Exiliado risca debuxos de negros e reescribe a peza Os vellos... Intenta selar a unidade dos galegos emigrados en Estados Unidos. En 1940 comeza o "Libro segundo" de Sempre en Galiza e exiliase en Buenos Aires. Aquí vai tentar a unidade dos galegos e construír unha Galicia mais galega. Falto de vista pinta pouco. Représentase a obra Os velllos... cos seus deseños en Buenos Aires e en Montevideo en 1941.

Co recompilado e co escrito publica Sempre en Galiza en 1944. Denfende unha nova Republica federal, integrada polas catro nacións e coa ofrecemento á pedente incorporación de Portugal.

Crea, con catro deputados galegos, Consello de Galiza para intervir na política do exilio xunto cos gobernos vasco e catalán. Fai un constante labor de proselitismo coa plabra, a escrita e o exemplo para concienciar á colectividade galega e busca a unión galega. Contacto epistolar cos poucos nacionalistas na clandestinidade en Galicia.

Apróbase o Estatuto de Autonomia nas Cortes republicanas celelebradas en México. Nomeado ministro do goberno da República no exilio establécese en París. Fracasa o entendemento entre os deputados republicanos e esmorecen as súas institucións e as súas accións contra a ditadura. Decepcionado e enfermo volve a Buenos Aires en 1947. Continúa no seu labor de entendemento cos vascos e cos cataláns e con outros para facer posible esa vindeira república federal ibérica. Asemade segue decote a concienciar coa voz e coa escrita ós galegos emigrados. Escribe artigos na prensa e o ensaio Alba de Groria. Remata As cruces de pedra na Galiza. Falece en Buenos Aires en xaneiro de 1950.