A Fundación lembra a Pousa Antelo cunha ofrenda floral na Baña

A Fundación lembra a Pousa Antelo cunha ofrenda floral na Baña

O pasado 14 de maio conmemorouse o centenario do nacemento de Avelino Pousa Antelo, periodista e intelectual que foi presidente da Fundación Castelao ata o seu falecemento en 2012. Co gallo deste centenario celebrouse no concello de Negreira unha ofrenda floral.

A homenaxe, que tivo lugar no monolito que honra a súa memoria no parque do Coto, foi organizada pola Fundación en colaboración coa asociación cultural Alfonso Eanes, o IES Xulián Magariños e os colexios de A Baña e Negreira.

Foto: Santos Díez para a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG).