A Fundación participa nunhas xornadas sobre Castelao en EEUU

A Fundación participa nunhas xornadas sobre Castelao en EEUU

Miguel Ánxo Seixas, secretario da Fundación Castelao, estivo o pasado mes de abril na cidade estadounidense de Nova Iorque para participar nas xornadas 'Castelao en Nova Iorque'. A súa intervención levou por título 'Castelao en e dende Nova Iorque'.

Seixas Seoane estivo acompañado nestas xornadas por Lourenzo Fernández Prieto, coordinador do Grupo de Historia Agraria e Política do Mundo Rural da Universidade de Santiago de Compostela (USC), e polo profesor Henrique Monteagudo, membro da Real Academia Galega.

Estas xornadas foron organizadas polo Centro Xoán González Millán de Estudos Galegos del Graduate Center CUNY con motivo do 75 cabodano da estada de Castelao na cidade estadounidense.

A Televisión de Galicia (TVG) fíxose eco deste cabodano no seu telexornal.


Foto: Eduardo Castro Bal para a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG).