A derradeira leición do mestre visita Ourense

O presidente da Fundación Castelao, Carlos Mella, e o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuníronse no Pazo Provincial para analizar a chegada á cidade das burgas do cadro A derradeira leición do mestre, obra icónica de Alfonso R. Castelao e "reunir" nun mesmo espazo (a antiga biblioteca do Pazo Provincial) ao intelectual rianxeiro co insigne galeguista ourensán dos Peares, Rodolfo Prada Chamochín.

A obra chegará o vindeiro domingo 3 de marzo, froito dunha negociación que comezou cando o presidente do Centro Galicia, José María Vila Alén, visitou a Deputación o 5 de outubro.

Ver reseñas na web da Deputación de Ourense, El correo Gallego, OurenseDixital

Captura